Posteado por: jose | abril 25, 2011

Amuleto

Xa fai case un ano e medio que fixeches a viaxe con Caronte…

Vótote de menos e cada vez que penso en ti os meus ollos afogan…

Voto de menos sentarme ao caron túa e ver o que ti ves na televisión…Voto de menos a túa sorisa cando sempre acertaba a frase oculta…Voto de menos a túa desesperación ao verme cociñar…Voto de menos entrar na casa e verte mirando pola fiestra e chamarme pra que fose onda ti pra compartir conmigo iso que tanto che chamaba a atención…

Non hai moito que me enterei que fixeches algo precioso pra non disgustarme, esa sudadeira se xa era a miña favorita, agora non ten prezo, está dada de sí, un pouco descolorida pero sigo póndoa…

Atopei algo que un día me regalaches e que garbadas coma un tesouro, naquel momento non lle dei moito valor, agora está sempre conmigo, coma ti…

Anuncios

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: